Katakuri-ke no kōfuku (カタクリ家の幸福) é un filme xaponés dirixido por Takashi Miike e escrito por Kikumi Yamagishi, que se estreou no 2001. Baséase no filme surcoreanoThe Quiet Family. O filme é unha comedia surrealista e de terror que ten secuencias sanguentas, números musicais e de baile e secuencias oníricas.
Sinopse
A familia Katakuri acaba de abrir unha casa de hospedaxe nas montañas, pero coa mala fortuna de que o seu primeiro cliente suicídase. Para evitar problemas e que a xente non deixe de chegar ó hotel, deciden enterralo no xardín. As cousas non melloran co seu segundo cliente: un famoso loitador de sumo que morre tendo relacións sexuais cunha menor.