Kami (香美市, かみし, Kami-shi) é un concello da prefectura de Kōchi no Xapón. Está situado na rexión de Shikoku e no centro-leste da prefectura, na illa de Shikoku. A súa superficie é de 538,22 km², a poboación é de 28.576 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 53,1 h/km².
A cidade de Kami foi fundada pola fusión de 3 concellos do distrito de Kami (Kahoku, Tosayamada e Monobe) no ano 2006.