Kamehameha V, nado o 11 de decembro de 1830 en Honolulu (Oahu) e finado o 11 de decembro de 1872 na mesma cidade, foi o quinto Rei de Hawai entre os anos 1863 e 1872. Naceu co nome de Lot Kapuāiwa, pero cando ascendeu ó trono o seu nome completo pasou a ser Lota Liholiho Kapuāiwa Kalanimakua Kalanikupuapaikalaninui Aliʻiolani Kalani-a-Kekūanaōʻa.
Traxectoria
Ó morrer solteiro e sen descendencia, converteuse no derradeiro rei de Hawai pertencente á Dinastía Kamehameha. Non nomeou a ningún sucesor, polo que, segundo a Constitución de Hawai, a responsabilidade de nomear un novo soberano recaía na asemblea lexislativa. Esta decidiu convocar unhas eleccións abertas para o posto. Finalmente, saíu elixido o seu curmán Lunalilo.