Kala Patthar

Modelo:Xeografía físicaKala Patthar
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Parte deMahalangur Himal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaKhumbu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque nacional de Sagarmatha Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaKhumbu Pasanglhamu, Nepal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 28°00′N 86°50′L / 28, 86.83
CordilleiraHimalaia Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude5.645 m Editar o valor en Wikidata
Kala Patthar co Pumori ao fondo.

Kala Patthar (Rocha negra, en nepalés) é unha montaña no Himalaia do Nepal de 5.545 metros. Constitúe un cume marxinal do Pumori, que aparece como unha gran formación marrón na súa impresionante cara sur, xunto ao Glaciar Khumbu. Moitos dos sendeiristas que alcanzan o campo base do Monte Everest intentan alcanzar o seu cume. As vistas desde o Kala Patthar do Everest, Lhotse e Nuptse son impresionantes nun día claro.

Ascensión

A ascensión do Kala Patthar comeza en Gorakshep (5.164 m.), o campo base orixinal do Monte Everest. Tras cruzar o leito dun vello lago (que agora contén un pequeno lago e unha pista de aterraxe de helicópteros), a ascensión continúa por unha serie de pendentes até alcanzar a parte leste da montaña. O camiño vólvese outra vez empinado até alcanzar a aresta que leva ao cume. Desde alí en cinco ou dez minutos de escalada por grandes pedras alcánzase o cume na que se atopan bandeiras de oración. A subida en total adoita levar de hora e media a dúas horas. Desde Lobuche requírense entre dúas e tres horas máis.