Jānis Pujats, nado en Nautrēni (municipalidade de Rēzekne, Letonia) o 14 de novembro de 1930, e un cardeal letón, arcebispo de Riga entre 1991 e 2010.
Traxectoria
Jānis Pujats naceu en Nautrēni, unha parroquia da municipalidade de Rēzekne, en Letonia.
O 29 de marzo de 1951 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Riga Antonijs Springovičs.
O 8 de maio de 1991 foi nomeado arcebispo de Riga. Recibiu a consagración episcopal o 1 de xuño de mans de Francesco Colasuonno, delegado apostólico para a Federación Rusa, e tivo como co-consagradores principais a Jānis Cakuls, auxiliar de Riga e administrador apostólico até entón, e ao auxiliar de Riga Vilhelms Ņukšs.
No consistorio do 21 de febreiro de 1998 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal in pectore. Dous anos despois, foi feito público o seu cardealado, ao recibir no consistorio do 21 de febreiro de 2001 o título de Cardeal-Presbítero Santa Silvia.
Retirouse do goberno da arquidiocese de Riga o 19 de xuño de 2010, con case 80 anos de idade.
Notas