Julián Bustelo Abuín, nado no Araño (Rianxo) o 17 de xullo de 1994, é un político e arqueólogo galego.
Traxectoria
Arqueólogo. Vinculado á marea Rianxo en Común, foi o seu candidato á alcaldía nas eleccións municipais de 2019[1] e mantivo os 2 concelleiros cos que contaba a formación, sendo o portavoz do grupo na oposición ao goberno do BNG. Foi de novo candidato nas municipais de 2023 e conseguiu 5 concelleiros, ó igual que PSdeG e PPdeG, sendo o máis votado e asumindo a alcaldía ó votarse a si mesmos tódolos grupos,[2] xa que rexeitou formar goberno con ningunha outra formación.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos