Julia Chalene Newmeyer, nada o 16 de agosto de 1933 nos Ánxeles (California), é unha actriz, humorista e cantante estadounidense coñecida por numerosos papeis no teatro, o cinema e a televisión, ademais de como inventora de lencería e empresaria. Gañou un premio Tony polo seu papel de Katrin Sveg na produción de Broadway de 1958 de The Marriage-Go-Round, papel que repetiu na adaptación ao cinema en 1961. Na década de 1960 interpreteou a Catwoman durante dúas temporadas na serie de televisión Batman (1966–1967).
Newmar apareceu no videoclip de George Michael "Too Funky" (1992), e realizou un cameo como ela mesma no filme de 1995 To Wong Foo, Thanks for Everything! Julie Newmar. Os seus papeis de voz inclúen os filmes animados Batman: Return of the Caped Crusaders (2016) e Batman vs. Two-Face (2017), onde volveu interpretar a Catwoman cincuenta anos despois da serie orixinal.
A súa espléndida figura permitiulle erixirse como Pin-up e modelo de traxes de baño.
Filmografía
Véxase tamén
Ligazóns externas