Julian Brandt, nado o 2 de maio de 1996 en Bremen, é un futbolista alemán. Xoga de mediapunta ou extremo e o seu actual club é o Borussia Dortmund da Bundesliga alemá.
Traxectoria
En xaneiro de 2014, Brandt chegou ó Bayer 04 Leverkusen procedente das categorías inferiores do VfL Wolfsburg, a cambio de 350.000 euros, e asinou un contrato por cinco anos.[1] Debutou coma profesional o 15 de febreiro de 2014 nun partido da Bundesliga contra o Schalke 04.[2]
O 22 de maio de 2019, Brandt fichou polo Borussia Dortmund a cambio de 25 millóns de euros.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas