Julia en la onda foi un programa de radio, estreado en 2007 por Onda Cero e presentado pola xornalista galega Julia Otero.
Características
O programa ocupa a franxa de 16:00 a 19:00. O espazo comeza cun repaso á actualidade xunto ao xornalista Rafael Noblejas e despois, as noticias con humor contadas por Oriol Parreño e Marina Martínez. Ferrán Monegal fai un repaso á televisión.
Ao principio da tempada, Onda Cero anunciou seccións do programa que non chegaron a concretarse. Por exemplo, a charla de ex que cada quince días ían protagonizar Juan José Lucas e Juan Carlos Rodríguez Ibarra. Tampouco se chegou a incorporar David Trueba e Lorenzo Caprile apenas durou unhas semanas, e en xaneiro do 2008 foi substituído por Manuel Marlasca e unha sección dedicada aos sucesos e a crónica negra (os martes). Álvaro Pombo e Carmen Posadas tan só estiveron un día. Antes do Nadal, incorporáronse como gabineteros dous históricos do programa, como Fernando Sánchez Dragó e Ana Balletbó, aínda que esta última abandonaría o programa antes de terminar a tempada.
Na segunda tempada de Julia en la Onda, saíron do gabinete Alfredo Urdaci, Xavier Sala i Martí e Mª Ángeles Durán e ingresaron Isabel Tocino, que apenas durou un mes, e Jesús Mª de Miguel. Recuperou ademais a sección "El epílogo", que non chegou a callar. Estreouse a sección de humor "La rabiosa actualidad" con David Cervelló, Guillem Zaragoza, Oriol Parreño e Judit Martín.