Julia Augusta Cerdeiros Ferreirós, coñecida como La Gallega, nada en Lugo en 1882[1] e finada na República Dominicana, foi unha espía galega.[2]
Traxectoria
Filla de Luciano Cerdeiros González, empregado da Administración de Facenda en Lugo,[3] e Josefa Ferreirós Rendo, naceu na parroquia de San Pedro da cidade de Lugo.[4] Tivo cando menos unha irmá chamada Felisa, que no ano 1900 se viu involucrada como testemuña nun escuro caso de corrupción de menores en Lugo[5] e acabou por residir na Coruña, onde foi multada en 1910[6] e 1915[7] por diferentes motivos, e onde aínda residía en 1925.[8]
En 1918 ou 1919[9], coincidindo coa morte do seu pai,[10] emigrou á República Dominicana e traballou até mercar un bar que se converteu en punto de encontro de altos funcionarios do Estado ditatorial de Rafael Leónidas Trujillo. Estes contactos coa clientela funcionarial e unha serie de actividades comerciais fixeron que Cerdeiros lograse unha considerábel fortuna. Abriu un novo café na elegante e céntrica rúa Arcebispo Meriño en Santo Domingo.[9]
A súa fortuna proviña en boa parte do traballo de información que facía para as autoridades trujillistas. Pero a oposición á ditadura logrou detectar as actividades de Cerdeiros como confidente policial.[9] Para retirarse da circulación e evitar problemas cos opositores, decidiu en 1938 dar a volta ao mundo en barco xunto ao seu fillo, Bienvenido Velázquez. Pero recibiu unha proposta do ditador Trujillo para instarse como espía en Venezuela e desde alí informar das actividades da oposición dominicana e do apoio e colaboración que esta recibía do goberno venezolano.[9]
En Venezuela comezou a relacionarse coa oposición exiliada e abriu un local que lles servise de punto de encontro. Polos seus traballos recibía pagos mensuais cun talón, un dos cales caeu en mans dos opositores que denunciaron a Cerdeiros ante os seus contactos no goberno venezolano. En 1945 foi detida pola intelixencia de Venezuela.[9] Foi liberada tempo despois. Volveu á República Dominicana co seu fillo e alí morreu.[9]
Notas
- ↑ O principal investigador da figura de Julia Cerdeiros, Xurxo Martiz Crespo, indicou nun artigo que naceu nalgún lugar da provincia da Coruña no ano 1901, mais a súa partida de bautismo co seu nome completo demostra que fíxoo ao principio do ano 1882 en Lugo.
- ↑ Morales Pérez, Salvador E. (10-10-2016). "José Almoina, intelectual republicano en el exilio: las revelaciones sobre el trujillismo en la palestra americana durante la guerra fría". Pacarina del Sur. Revista de Pensamiento Crítico Latinoamericano (en castelán) (Lima). Consultado o 9-6-2018.
“Os galegos do Caribe. Indagando nas vidas da Galicia americana.”, Tomado de: http://www.xornalgalicia.com/, “República Dominicana, a trampa de Trujillo. Na Repúblida Dominicana, o maior momento de presenza galega coincidíu cunha das peores ditaduras que sufríu Latinoamérica, a de Rafael Leónidas Trujillo, alcumado Chapita. Tras a Guerra Civil española, moi poucos países destiveron dispostos a acoller os refuxiados do bando republicano, prácticamente só México e a URSS. E Dominicana, que no 1936 abriu completamente as súas portas ós españois vencidos e os xudeus que fuxían da Alemaña nazi. Mais o motivo distaba de ser humanitario. O que quería o ditador dominicano, Trujillo, era empregar os refuxiados para branquexar a raza. Por alí pasaron o pintor Eugenio Granell, o intelectual Mosqueira Manso ou o escultor Francisco Vázquez Díaz, alcumado Compostela. O secretario persoal de Trujillo, José Almoina, era galego, ó igual que a súa principal espía en Venezuela, Julia Cerdeiros Ferreirós. Porén, a política represiva do ditador fixo que no 1940 a maioría dos emigranes marcharan a outros países.”
- ↑ "Noticias. Lugo, 25, 4t". La Iberia (en castelán) (Madrid). 26-9-1882. p. 3.
A las dos y media de esta madrugada se declaró un violento incendio en la casa número 18 de la calle de la Rúa Nueva, en esta capital, reduciéndola a cenizas en su mayor parte. No han ocurrido desgracias personales, merced á la serenidad y arrojo de D. Luciano Cerdeiros, aspirante en la intervención de Hacienda, que habitaba el piso segundo (...)
- ↑ Arquivos parroquiais da Diocese de Lugo, rexistro de bautismos da parroquia de San Pedro para o ano 1882. O bebé foi bautizado o 1 de marzo do mesmo ano.
- ↑ "Lugo y provincia". El Correo de Lugo (en castelán). 12-5-1900. p. 3. Consultado o 9-6-2018.
- ↑ "Crónica regional. Coruña". El Correo de Galicia (en castelán). 31-3-1910. p. 2. Consultado o 9-6-2018.
Multó el gobernador con 50 pesetas á Estrella Merino. También impuso 25 pesetas de multo á Herminia Ramos, María Rey y Felisa Cerdeiros, por haber dado un escándalo en Linares Rivas.
- ↑ "La región. Coruña". Diario de Galicia (en castelán). 1-9-1915. p. 2. Consultado o 9-6-2018.
Por diferentes faltas multó anteayer el gobernador civil con 75 pesetas, a Ambrosio Vidal Ogiando; con 25, á Antonia Rey Barros, Dolores Mera Vázquez y Felisa Cerdeiros (...).
- ↑ "Unas prendas de ropa". El Orzán (en castelán) (A Coruña). 4-7-1925. p. 1. Consultado o 9-6-2018.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 Martínez Crespo, Xurxo (26-4-2011). "A espía galega ao servizo do ditador Trujillo. Julia Cerdeiros na República Dominicana e Venezuela". A Nosa Terra (Vigo). Arquivado dende o orixinal o 17-07-2011. Consultado o 9-6-2018.
- ↑ "Necrolóxica de Don Luciano Cerdeiros y González". La Idea Moderna (en castelán) (Lugo). 12-9-1918. p. 2. Consultado o 9-6-2018.
Véxase tamén
Ligazóns externas