Juan Rivas, nado en Pontevedra en 1974,[1] é un pintor, fotógrafo e docente galego. Reside en Marín e foi profesor de ensino medio en Maside e A Illa de Arousa e, altualmente imparte clases no IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra.
Licenciado pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, na Universidade de Vigo, en 1999. Estudou na Universidade de Kingston en Londres, cunha bolsa Erasmus no curso 1996-97). Obtivo tamén a bolsa de pintura do Concello de Mojácar (Almería, 1999). Bolsa Novos Valores (Deputación de Pontevedra, 2005) e Artist in Residence – Krems an der Donau (Austria, 2009).
Traballos
Rivas realiza obras consistentes en debuxar a paisaxe en soportes que formen á súa vez parte da paisaxe, como un poste, farola, pedra, etc. de maneira que unha vez rematado o debuxo, dende ese punto, se poidan ver a paisaxe e o seu debuxo, con técnicas rápidas como pastel, xices, lapis de cores, rotuladores, etc. para captar a luz do momento.[2] Logo ese debuxo é recollido nunha fotografía que á súa vez constitúe a obra que se presenta nas salas de exposición.
Exposicións
Entre outras, ten realizado exposicións como: Luz que nunca se apaga Galería Estampa, Madrid e Pazo Torrado de Cambados;[3] Álbum Buzzati Espacio Valverde, Madrid (2015). Paisajes Tuneados Galería Estampa, Madrid (2012). Nö Dokumentationszentrum für Moderne Kunst, St. Pölten, Austria; Share your dreams, Junge kunst aus der EU, Suppan Contemporary, Viena, Austria (2009). Diálogos pictóricos (con Juan Moreno Badía). 2015 e 2020 no Pazo de Cultura de Pontevedra.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas