Juan Martínez Majo, nado en Velilla de la Reina (concello de Cimanes del Tejar) en 1963, é un asesor fiscal e político leonés, membro do Partido Popular e presidente da Deputación de León dende 2015.
Traxectoria
Licenciado en dereito, foi secretario da xunta veciñal da súa localidade natal Velilla de la Reina desde 1982 e concelleiro do Cimanes del Tejar dende 1986. Exerceu como alcalde de Valencia de Don Juan en 1995 sendo reelixido en 1999, 2003, 2007, 2011 e 2015. Deputado provincial de 1999 a 2011, entre 2011 e 2015 foi Procurador das Cortes de Castela e León pola provincia de León. É presidente da Deputación provincial de León desde 2015.
Notas