Juan Manuel Otero Milleiro, nado en Redondela en 1863 e finado na mesma vila o 3 de novembro de 1929[1], foi un médico e político galego.
Traxectoria
Fillo de José Otero Martínez. Colaborou en El Eco de Redondela, El Contribuyente e La Idea. Foi alcalde de Redondela en 1895, pero renunciou ao cargo o 6 de outubro de 1896. A principios de 1911 era vocal da Xunta Municipal do Censo, e nese mesmo ano foi elixido vicepresidente do Círculo Católico. Foi subdelegado de Medicina e médico forense de Redondela.
Vida persoal
Casou con Rita Fernández. Foi pai de Alejandro Otero Fernández e sogro de José Regojo Rodríguez.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). Concello, ed. A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela. p. 16. ISBN 84-8302-720-8.
Ligazóns externas