Juan Luis Pía Martínez, nado en Ferrol o 27 de setembro de 1928 e finado en Ortigueira o 24 de decembro de 1988[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Concelleiro de Ortigueira dende 1964, foi nomeado alcalde en xaneiro de 1976[2] e continuou como alcalde ata as primeiras eleccións democráticas. Ingresou en Alianza Popular en 1980. Foi deputado no Parlamento de Galicia (1981-1985), director xeral de Administración Local (1982-1983), conselleiro de Xustiza e Interior (1983), director xeral de Xustiza e Gobernación (1983-1986) e director xeral de Xustiza (1986).
Vida persoal
Casou con Emilia Iglesias Otero.
Notas