Juan Jover Sañés, nado en Barcelona o 23 de novembro de 1903 e finado preto de Sitges o 28 de xuño de 1960 foi un piloto de carreiras catalán. Con Francisco Godia, Jover foi o primeiro piloto español en competir na Fórmula Un.[1]
Traxectoria
Jover correu para Scuderia Milano - Maserati no Gran Premio de Bari de 1947, onde terminou sexto,[2] e no Gran Premio de Albi de 1948, onde chegou sétimo.[3] Logo terminou segundo nas 24 Horas de Le Mans de 1949 con Henri Louveau.[4]
Na tempada de 1951 participou no Gran Premio de España de 1951 de Fórmula Un, cualificacou 18º, pero non comezou a carreira logo de que o seu motor rebentara.[5]
Jover cambiou as hillclimbing, e tamén as carreiras de resistencia coa Scuderia Pegaso. Sufriu graves feridas na perna esquerda cando se estrelou co seu Pegaso Z-102 durante as probas para as 24 Horas de Le Mans de 1953, pero volveu as hillclimbing en xuño de 1954.[6] En 1957, gañou o Gran Premio de Barajas nun Maserati 200S, e ao ano seguinte gañou La Rabassada hillclimb, pilotando un Mercedes-Benz 300SL.
Jover morreu nun accidente de tráfico en 1960, cando o seu convertible saíuse da estrada e caeu por un cantil preto de Sitges en Cataluña.
Resultado completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas