Juan Francisco Ordóñez González, nado en Santo Domingo o 4 de outubro de 1961, é un músico e compositor de República Dominicana. Como guitarrista, desenvolveu un novo e particular linguaxe no seu instrumento, incorporando elementos de blues, rock e jazz á súa forma particular de executar[1].
Biografía
Realizou os seus estudos básicos no Colexio Dominicano de La Salle e licenciouse en Ciencias Económicas na Universidade Autónoma de Santo Domingo. Á idade de 11 anos, entra á escola de música “Salvador Sturla” e comeza súo aprendizaxe de guitarra da man do profesor Blas Carrasco. Anos máis tarde, estuda harmonía e solfexo coa profesora Sonia de Piña.
A fins dos anos 70, incorpórase a Convite, grupo músico-vogal pioneiro no rescate dos ritmos folclóricos da illa.
En 1982 funda con Luis Días e outro músicos Transporte Urbano, grupo considerado creador auténtico do Rock dominicano.[2]. Ordoñez será o guitarrista líder desta banda por mas de vinte anos.
No ano 1985, Ordóñez viaxou a Moscova, dentro do marco do “Festival Mundial de la Juventud y los Estudiantes”, onde se presentou con Luís Días e a cantante dominicana de blues Patricia Pereyra.
En 1986 crea o trío de fusíon OFS, con Guy Frómeta (batería) e Héctor Santana (baixo), e viaxará en abril do 1986 a Lima, a presentarse con Sonia Silvestre no “Festival de la Nueva Canción Latinoamericana”[3]. En xuño viaxa a Montreal, como acompañante da cantante Patricia Pereyra na cuarta edición do "Carnaval du Soleil".
En 1992 crea Trilogía, novo trío de fusión, pero nunha versión máis caribeña, xunto a Héctor Santana e o percusionista Chichí Peralta [4].
Desde comezos da década de 2000 pasa a ser director do grupo La Vellonera, acompañando ao compositor e cantante Víctor Víctor nas súas presentacións e gravacións[5].
Labor Profesional
Ordóñez realizou unha labor docente como profesor de varias xeracións de guitarristas. Como profesional da guitarra, traballou en estudos de gravación e en presentacións en vivo para os máis diversos artistas e grupos do seu país, de Iberoamérica e de España [6]. Realizou arranxos para cancións, jingles publicitarios e bandas sonoras de películas como na curtametraxe dominicana Frente al mar (sobre un conto de Hilma Contreras, Premio Nacional de literatura 2002) e Azucar amargo de León Ichaso[7].
Tamén, participou en sesións en directo con músicos de jazz como Paquito de Rivera, Charlie Haden[8]. e Don Cherry.
Discografía
- Trilogía, editado en casete en 1988 e reeditado como CD por Patín Bigote Music en 2004[9].
- Cabaret Azul, coproducido con Patricia Pereyra en 1989 e reeditado por TEREKE[10].
- Radio Recuerdo, editado en 2001 pola fundación Madora[11].
En 2005 realiza os labores de guitarrista, arranxador e coprodutor do disco Bachata entre Amigos. Neste traballo, cantautores como Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat, Pedro Guerra, Silvio Rodríguez, Pablo Milanés, Fito Páez e Víctor Manuel, entre outros, interpretan na súa propia voz e a dúo con Víctor Víctor as súas cancións a ritmo de bachata[12].
Bibliografía
Notas
- ↑ Elías, C. F.: "Juan Francisco Ordoñez: un invento dominicano en el emotivo sonido de la guitarra". Artigo en Listín Diario, 1 de agosto de 1990 (en castelán).
- ↑ "Biografía de Luis Terror Días", artigo de Jaime Stepan en www.galipote.mx (en castelán). (acceso o 30 de agosto de 2008).
- ↑ Puello, Z.: "Arte y Artistas", artigo en Listín Diario, 9 de abril de 1986 (en castelán).
- ↑ Mena, M.: "Juan Francisco Ordóñez o una buena apuesta de jazz", artigo en Ventana-Listín Diario (10 de abril de 1994) (en castelán).
- ↑ "Victor Explota su lado revolucionario", artigo en www.perspectivaciudadana.com (en castelán).(acceso o 30 de agosto de 2008).
- ↑ "Vivirá, homenaje a Juan Bosch", artigo en migapich.blogspot.com (en castelán). (acceso o 25 de agosto de 2008)
- ↑ Azúcar amarga na Imdb (en inglés).
- ↑ Frías Guerrero, J. I.: "A propósito de la visita de Charlie Haden", artigo en Listín Diario do 25 de marzo de 1990 (en castelán).
- ↑ "Concursos" Arquivado 20 de xuño de 2009 en Wayback Machine., en www.patinbigote.com (en castelán).
- ↑ Ficha en www.tagtuner.com (en castelán); ficha en www.music-db.org Arquivado 21 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Artigo en www.cielonaranja.com (en castelán)(acceso o 15 de agosto de 2008).
- ↑ "Bachata entre Amigos", artigo en www.answers.com (en castelán) (acceso 5 de xuño de 2008).
Véxase tamén
Ligazóns externas