Joênia Batista de Carvalho, máis coñecida como Joênia Wapichana, nada en Boa Vista o 20 de abril de1974, é unha avogada dop pobo wapishana, sendo a primeira muller indíxena en exercer a profesión no Brasil, e políticabrasileira afiliada á "Rede de Sustentabilidade" (REDE). É a primeira muller indíxena en ser elixida deputada federal, en representación de Roraima, durante as eleccións de 2018.[1]
Traxectoria
Naceu na comunidade indíxena Cabeceira do Truarú, localizada na etnorexión Murupú e no rural do Municipio de Boa Vista. É de etnia wapishana (un grupo étnicoarauaco) e aos 8 anos deixou a comunidade onde naceu e trasladouse coa súa nai á sede municipal (á área urbana) de Boa Vista. Falante nativa da lingua wapishana, aprendeu portugués e comezou a interesarse por estudar na capital de Roraima. Despois de concluír o ensino medio, pasou a traballar nunha empresa de contabilidade durante o día, mentres estudaba Dereito pola noite. Licenciouse en 1997 na Universidade Federal de Roraima (UFRR) e na Universidade de Arizona, nos Estados Unidos, realizou un mestrado.[1]
Traballou na demarcación da reserva indíxena Raposa Serra do Sol, alén de traballar no departamento xurídico do Conselho Indígena de Roraima (CIR) e na defensa dos dereitos dos indios á posesión das súas terras na Rexión Norte do Brasil.[2]
Foi a primeira presidenta da Comissão de Direitos dos Povos Indígenas do Colexio de Avogados do Brasil (OAB), criada en 2013.[3]
En 2004, recibiu o Premio Reebok aos mozos menores de 30 destacados na defensa dos dereitos humanos.[4] En 2010 recibiu a Ordem do Mérito Cultural do Ministério da Cultura . Nas eleccións de 2018 foi elixida á Cámara dos Deputados por Roraima, pola Rede Sustentabilidade.[5] Recibiu o Premio de Dereitos Humanos das Nacións Unidas (ONU) en 2018.[1]
Crítica persistente do goberno do presidente Jair Bolsonaro, presentou un impeachment (solicitude de destitución) contra o presidente o 1 de febreiro de2021; alegou, na súa petición, delitos contra a poboación indíxena. O requirimento da deputada -único representante indíxena do Congreso Nacional do Brasil na presente lexislatura - foi a solicitude número 66 presentada contra o xefe do Executivo desde o inicio do seu mandato en 2019. Nun anuncio feito pola deputada en rolda de prensa no Congreso Nacional, esta solicitude tamén foi presentada conxuntamente por outros membros da Rede Sustentabilidade, como o senador Randolfe Rodrigues, e deputados federais opositores ao goberno federal como Erika Kokay, David Miranda e Alessandro Molon.[6]
Aínda en 2021, Joênia Wapichana, nunha audiencia promovida polo Colexio de Avogados do Brasil (OAB), criticou o goberno federal e a “Nova Funai”, cuestionando a afirmación de que a nova entidade escoita aos pobos indíxenas e defende o medio ambiente, divulgada polo xeneral Augusto Heleno, membro do goberno de Bolsonaro. Joênia afirmou que a “Nova Funai” incumpriu a súa tarefa máis importante: a demarcación das terras indíxenas. Tamén se queixou da omisión ante o avance do garimpo (minería ilegal) na Amazonia: “A situação é muito preocupante. E a Funai só atende o lado que está de acordo com as ideias do governo”, acusou.[7]