Journey to the Center of the Earth é unha miniserie estadounidense dirixida por George Miller que foi estreada en dous episodios emitidos a través da USA Network. Foi producida por Hallmark Entertainmente está baseada na novela de Jules Verne Viaxe ao centro da Terra. Está protagonizada por Treat Williams, Jeremy London e Bryan Brown.
Sinopse
Aventuras do xeólogo Theodore Lytton e o seu sobriño Jonas, contratados por unha fermosa e rica muller chamada Alicia Hastings que desexa atopar ó seu marido Casper, desaparecido misteriosamente mentres realizaba unha perigosa expedición en busca de ouro en Nova Zelandia. Tras numerosas dificultades chegan a unha fermosa praia subterránea que resulta ser o centro da Terra.
Reception
Journey to the Center of the Earth recibiu críticas maioritariamente negativas. David Kronke, escritor no Los Angeles Daily News, cualificou á miniserie como "realmente cursi" e ·"fláccida".[1] O Seattle Post-Intelligencer opinou que o traballo en efectos "[non podía] superar a barreira do diálogo pesado e actuación sinxelamente eslamiada."[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas