Los Angeles Daily News, tamén coñecido como Daily News of Los Angeles, é o segundo xornal que máis circula nos Ánxeles, California. É o principal xornal de Los Angeles Newspaper Group, parte da empresa de Digital First Media, que ten a súa base de operacións en Colorado.
As oficinas de Daily News atópanse situadas en Woodland Hills, e a maioría dos seus lectores son do Val de San Fernando. Os seus artigos polo xeral tratan sobre os negocios do val, educación e crime. Polo xeral teñen unha visión dereitista e centralista, aínda que apoianron a Barack Obama para presidente.[1]
A empresa xornalística Digital First Media tamén publican os seguintes diarios rexionais:
Torrance Daily Breeze cobre a rexión suroeste do Condado dos Ánxeles;
Long Beach Press Telegram cobre a rexión de Long Beach, Compton e Norwalk;
Whittier Daily News cobre a área de Whittier;
San Gabriel Valley Tribune cobre o Val de San Gabriel;
Pasadena Star-News cobre a rexión de Pasadena e Arcadia;
Inland Valley Daily Bulletin cobre o Val de Pomona e a área de Ontario;
San Bernardino Sun cobre o Val de San Bernardino;
Redlands Daily Facts cobre a rexión de Redlands e Yucaipa;
Press-Enterprise cobre as rexións occidental e central do Condado de Riverside;
Orange County Register cobre o Condado de Orange.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas