José María Riobó Millán, nado en Ferrol en 1945 e finado na mesma cidade o 21 de maio de 2003, foi un dirixente sindicalista galego.
Traxectoria
Criouse no barrio de Esteiro. Traballador da Bazán. Converteuse en activista das Comisións Obreiras. Como consecuencia das mobilizacións obreiras de 1972, xunto cos outros membros do xurado de empresa de Bazán Rafael Pillado e Manuel Amor Deus, foi encausado e sometido a consello de guerra. Permaneceu en prisión ata a amnistía de 1976. Logo da legalización dos sindicatos foi elixido secretario xeral de CCOO de Ferrol. Finou no Hospital Novoa Santos de Ferrol o 21 de maio de 2003 vítima dun cancro producido polo amianto.[1]
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 22-5-2003, p. 1, 19, 58, L2.