Membro dunha familia de orixe boloñesa, foi alcalde da Coruña en dúas ocasións: 1890 e 1893. Durante a súa xestión fixéronse multitude de melloras na cidade, como a creación da praza de María Pita, o novo trazado da avenida dos Cantóns, o empedrado da rúa Real e o contrato e realización da traída de auga á cidade.
Ten dúas rúas adicadas na Coruña: Alcalde Marchesi (en Catro Camiños) e Marchesi Dalmau (a carón do Obelisco dos Cantóns).[2]