José Luís Armada Castro, nado en Cariño en 1953, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Libreiro. Presidente da Asociación de Veciños San Bartolo[1], foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE en Ortigueira nas eleccións municipais de 1987, sendo un dos promotores da segregación de Cariño de Ortigueira. Finalmente, a Xunta de Galicia aprobou a creación do novo concello o 21 de xaneiro de 1988. Posteriormente, constituise unha comisión xestora cunha representación en función dos resultados das municipais do ano anterior na zona de Cariño, na que o PSdeG foi o máis votado e logrou 6 concelleiros[2], ante o cal foi elixido presidente da comisión o 11 de abril co apoio do BNG, formando unha coalición de goberno. Foi candidato á alcaldía de Cariño nas municipais de 1991 e foi elixido de novo cunha maioría absoluta de 8 concelleiros.
Nas municipais de 1995 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, que logrou a maioría absoluta. Nese mandato foi deputado provincial. Nas municipais de 1999 volveu encabezala candidatura socialista e acortou distancias cos populares, pero conservaron a maioría absoluta. Nas municipais de 2003 recuperou a alcaldía ó gañar con maioría simple e establecer un acordo de goberno co BNG, situación que se repetiu en 2007. Volveu ser deputado provincial entre 2003 e 2007. Nas municipais de 2011 perdeu a alcaldía en favor do BNG, que logrou maioría simple e gobernou en minoría. Desta forma, permaneceu como portavoz socialista ata a fin do mandato, cando se retirou da política e lle dou o relevo á fronte do partido a José Miguel Alonso Pumar, que recuperou a alcaldía para os socialistas en 2015.
Notas
- ↑ Nova en La Voz de Galicia Ferrol, 8-4-1988 p.28
- ↑ Nova en La Voz de Galicia Ferrol, 8-4-1988 p.28
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas