José Eusebio Calviño Juncal, nado en Mogor (Marín) o 12 de agosto de 1901 e finado en Barcelona o 24 de xaneiro de 1927, foi un aviador galego.
Traxectoria
Fixo o servizo militar e reenganchou ingresando na Aeronáutica Naval. Con 22 anos, sendo contramestre, presentouse ás oposicións para a Aviación Naval. Superadas as probes converteuse en aviador. Participou na guerra de Marrocos e en arriscadas probas de adestramento aéreo. Finou cando pilotaba o hidroavión F-16J que realizaba exercicios no mar de Barcelona caeu en barrena afundindo entre a escollera e os viveiros.[1][2]
Notas
- ↑ El Ideal Gallego, 26-1-1927, p. 2.
- ↑ Galicia Nueva, 28-1-1927, p. 3.
Véxase tamén
Ligazóns externas