José Antonio de Lorenzo Pardo, nado na Coruña en 1954, é un sindicalista, profesor, divulgador científico e político galego de Ciudadanos.
Traxectoria
Estudou física nas universidades de Santiago de Compostela e Sevilla.[Cómpre clarificar] Exerceu de profesor en Cataluña e Galicia e formou parte das executivas da federación do ensino de Comisións Obreiras de Cataluña e da española. É profesor de física e química no IES Salvador de Madariaga. Foi candidato á alcaldía da Coruña por Unión Progreso y Democracia nas eleccións municipais de 2011 e a deputado nas eleccións xerais de 2011. En 2014 foi elixido como Coordinador Territorial de UPyD en Galicia[1] posto que abandonou xunto con parte da dirección galega e integrándose como tránsfuga en Ciudadanos.[2] Como divulgador científico publicou La revolución del metro (1998).
Notas