José Alonso Gantes, nado na Coruña o 30 de marzo de 1931 e finado na mesma cidade o 21 de febreiro de 2014[1], foi futbolista galego. Xogaba de porteiro.
Traxectoria
Na tempada 1955–56 debutou en Primeira División co Deportivo da Coruña, xogando dous partidos na máxima categoría. Terceiro porteiro do cadro branquiazul esa campaña (logo de Juan Otero, Lestón e Miguel Leal) debutou o 15 de febreiro de 1956 nunha derrota fronte ao Barcelona a domicilio (7–0). No partido da seguinte xornada repetiu titularidade, nunha nova derrota fronte ao Alavés en Riazor (4–2).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas