Joshua Luis Wiener, nado en Hacienda Heights (California) o 8 de febreiro de 1979,[1] é un actor de voz estadounidense de cinema e televisión, máis coñecido profesionalmente como Josh Keaton. É a voz de Takashi 'Shiro' Shirogane en Voltron: Legendary Defender, de varios personaxes nas series de animación The Spectacular Spider-Man e Marvel's Spider-Man, Jack Darby en Transformers: Prime e o adolescente Hercules en Hercules. Tamén é a voz de Ryu Hayabusa en Ninja Gaiden, e a voz de Revolver Ocelot en Metal Gear Solid 3: Snake Eater.
Traxectoria
Keaton naceu en Hacienda Heights, California, dun pai de Brooklyn, Nova York e unha nai de Lima, no Perú.[2] Ten tres irmás: Danielle, Alitzah (Ali Navarro) e Sabrina. Fala de maneira fluída o castelán, que aprendeu cando era neno, e posteriormente o inglés. Cando era neno, tamén aprendeu algo de quechua dos seus avós maternos. O seu pai é xudeu e a súa nai é católica.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas