Josh Hart, nado o 6 de marzo de 1995 en Silver Spring, Maryland, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos New York Knicks da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional
O 22 de xuño de 2017, Hart foi seleccionado na 30ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Utah Jazz. Ese mesmo día foi traspasado ós Los Angeles Lakers xunto á 42ª elección do Draft Thomas Bryant, a cambio da 28ª elección, Tony Bradley.[1] O 3 de xullo de 2017, Hart asinou o seu contrato de rookie cos Lakers.[2]
O 6 de xullo de 2019, Hart foi traspasado xunto a Lonzo Ball, Brandon Ingram, os dereitos de De'Andre Hunter e dúas eleccións da primeira rolda do Draft ós New Orleans Pelicans, a cambio de Anthony Davis.[3]
O 8 de febreiro de 2022, Hart foi traspasado xunto a Nickeil Alexander-Walker, Tomáš Satoranský, Didi Louzada e unha elección da primeira rolda do Draft de 2022 ós Portland Trail Blazers a cambio de CJ McCollum, Larry Nance Jr. e Tony Snell.[4]
O 9 de febreiro de 2023, os Blazers traspasaron a Hart ós New York Knicks, nun traspaso entre catro equipos no que tamén participaron os Philadelphia 76ers e os Charlotte Hornets.[5] O 11 de febreiro de 2023, Hart debutou cos Knicks, facendo 11 puntos, 7 rebotes e 4 asistencias na vitoria por 126–120 contra os Utah Jazz.[6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|