Edmond Byron Sumner, nado o 31 de decembro de 1995 en Detroit, Míchigan, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no BC Žalgiris Kaunas lituano.
Traxectoria profesional
O 23 de xuño de 2017, Sumner foi seleccionado na 52ª posición do Draft da NBA de 2017 polos New Orleans Pelicans, quen o traspasaron ós Indiana Pacers. O 5 de xullo de 2017, asinou o seu contrato de rookie cos Pacers. O 29 de xullo de 2019, Sumner asinou un novo contrato cos Pacers por tres anos.[1]
O 6 de outubro de 2021, os Pacers traspasaron a Sumner ós Brooklyn Nets a cambio dos dereitos do Draft de Juan Pablo Vaulet.[2] Catro días máis tarde, os Brooklyn cortaron a Sumner.[3] O 8 de xullo de 2022, asinou de novo cos Nets.[4] Tras un ano en Brooklyn, foi cortado de novo.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|