José Luís Valladares Fernández, nado en 1946, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura de Centristas de Galicia á alcaldía de San Cristovo de Cea e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 foi o candidato do PPdeG e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. Foi deputado provincial ata 2011[1].
En 2024 foi condenado a un ano de cárcere por uns vertidos feitos a un rego, o Rego do Toxo, mais permaneceu no cargo[2], cunha inhabilitación parcial limitada só a temas que teñan que ver coa xestión da auga e dos residuos[3].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas