José Hipólito Rodríguez Presas, nado cara a 1928 e finado en San Cristovo de Cea o 23 de maio de 2020,[1] foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria
No franquismo foi nomeado alcalde en 1960. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de UCD á alcaldía de San Cristovo de Cea e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 1983 foi o candidato de Coalición Galega e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1987 foi o candidato de Alianza Popular e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. O 19 de agosto de 1991 renunciou aos cargos de Alcalde e concelleiro.
Vida persoal
Casou con Teresa Fernández Rodríguez e foi pai de Hilda, Blanca e Víctor Rodríguez Fernández.
Notas
- ↑ La Región, 22-5-1921, p. 57.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas