José Manuel Isorna Ferreirós, nado en Barcia (Cordeiro, Valga) o 29 de maio de 1921 e finado en Santiago de Compostela o 26 de abril de 2016[1], foi un frade galego.
Traxectoria
Estudou no convento de San Francisco de Herbón. Nomeado sacerdote, deu a súa primeira misa o 8 de xuño de 1947 na súa parroquia natal.
Frade da Orde dos Freires Menores, desempeñou diversas responsabilidades nos conventos franciscanos de Santiago de Compostela, Pontevedra, Ourense e mais en Madrid.
Foi delegado diocesano de medios de comunicación social. Colaborou en El Correo Gallego e La Noche, e en 1950 pasou a dirixir El Eco Franciscano[2]. Oficiou as misas dominicais televisadas na Televisión de Galicia, e foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Obra
- Ideario del Filósofo, del Artista y del Historiador (1950)
- Itinerario del alma a Santiago (1954)
Notas