| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
José Ignacio Wert Ortega, nado en Madrid o 18 de febreiro de 1950, é un político, profesor e avogado español.
Traxectoria
Ata 1977 militou en Izquierda Democrática. Ese ano abandonou a formación para ingresar na Unión de Centro Democrático, pasando a desempeñar postos de responsabilidade política en diversos organismos públicos.
Durante a crise da UCD, en 1982, Wert pasou a militar no Partido Demócrata Popular, sendo un dos integrantes da súa Comisión executiva nacional. Nas eleccións municipais de 1983, o seu partido designouno como membro da candidatura de Coalición Popular (a coalición formada por Alianza Popular, o PDP e o Partido Liberal) por Madrid, resultando elixido concelleiro. Permaneceu na casa do concello madrileña ata as xerais de 1986, cando foi elixido deputado pola circunscrición electoral da Coruña, de novo como candidato do PDP nas listas de Coalición Popular.
O 22 de decembro de 2011 foi nomeado ministro de Educación, Cultura e Deporte polo Rei por proposta do presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy. Durante o seu mandato foi o foco de moitas polémicas, como a nova lei de educación (LOMCE) ou os recortes.
O 25 de xuño de 2015, o Goberno anunciou a súa substitución e o ministerio pasou a ser dirixido por Íñigo Méndez de Vigo.[1]
En xullo de 2015, Wert mudouse a París ao ser nomeado embaixador xefe da Delegación Permanente de España ante a OCDE[2], organismo do que a súa esposa, Montserrat Gomendio é directora xeral adxunta de Educación[3].
Notas