José Castro Álvarez, nado en Ponteareas o 28 de setembro de 1932, é un político galego.
Traxectoria
Pertenceu ao Frente de Juventudes, foi militante de Falange Española Tradicionalista y de las JONS e delegado de Sindicatos en Ponteareas. Durante o franquismo foi nomeado alcalde de Ponteareas en novembro de 1968.[1] Coa chegada da democracia entrou en Alianza Popular e foi deputado no Congreso dos Deputados (1989-1993), senador (1993-1997) e primeiro presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (1989-1992).
En 1997 foi inhabilitado por falsidade en documento público.[2] Tras recorrer a sentenza, en 1998 abandonou o PPdeG (tras considerarse desamparado pola formación) e fundou a Unión Condado-Paradanta (UCPA) co que concorreu ás eleccións municipais de 1999 presentándose el como candidato e indo de número tres da candidatura a súa filla Nava Castro. Conseguiu revalidala alcaldía, se ben non logrou maioría absoluta, e mantívose no poder ata que no verán do 2000 a sentenza de inhabilitación foi firme e tivo que dimitir como alcalde, sendo substituído pola súa filla.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas