José Antonio Cortiñas Blas

Modelo:BiografíaJosé Antonio Cortiñas Blas
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1921 Editar o valor en Wikidata
Cortes, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xullo de 1951 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
San Pedro de Nós, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, granada de man Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 2609

José Antonio Cortiñas Blas, coñecido como Fondista ou M. Vega, nado en Cortes (Bergondo) o 6 de outubro de 1921 e finado en Oleiros o 18 de xullo de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

Actuou como enlace da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia dende 1946. Afiliado ao PCE, entrou na guerrilla en 1948 fuxindo da detención. O Xulgado Especial de Accidentes Ferroviarios da Oitava Rexión Militar publicou en setembro de 1948 unha requisitoria contra el, Francisco Rey Balbís, Jesús Valeiro Gómez e Antonio López Arias.[1] Requisitoria que volveu repetirse ao mes seguinte cos engadidos de José María Díaz Pan, Emilio Claudio Díaz, Enrique Ferreirós Candamo, José Remuiñán Barreiro, José Pedreira de la Iglesia e José Blanco Núñez.[2] Foi comisario político do destacamento Santiago Álvarez cando o comandaba Jesús Valeiro Gómez. Dende xaneiro de 1950 formou parte do Comité Rexional do PCE dirixido por José Ricardo Sevil como delegado da Coruña, dedicándose a labores de captación. Morreu ao estourarlle unha granada nunha taberna de San Pedro de Nós o 18 de xullo de 1951.

Notas

  1. "Requisitoria", La Voz de Galicia, 9-9-1948, p. 3.
  2. "Requisitoria", La Voz de Galicia, 20-10-1948, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas