Joni Nyman, nado en Pori o 5 de setembro de 1962, é un ex-boxeador finlandés, medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de 1984. Tamén competiu nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl, onde caeu derrotado en cuartos de final.
Traxectoria
Participou nos Xogos Olímpicos de 1984 nos Ánxeles, na categoría do peso wélter, derrotando sucesivamente ao camerunés Georges-Claude Ngangue, ao irlandés Kieran Joyce e ao xamaicano Dwight Frazer, ata que caeu derrotado en semifinais contra o surcoreano An Young-su, regresando a Finlandia coa medalla de bronce.[1] Catro anos despois, nos Xogos Olímpicos de Seúl, eliminou ao galego-canadense Manny Sobral, ao sueco Sören Antman e ao zambiano Dimus Chisala, e foi derrotado nos cuartos de final contra o estadounidense Kenneth Gould.[2]
Posteriormente tivo unha carreira como boxeador profesional, obtendo 15 vitorias e seis derrotas.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas