Jon Amil Mateos

Modelo:BiografíaJon Amil Mateos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de maio de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Presidente
9 de xullo de 2023 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGalega
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor en Wikidata
Membro de

Sitio webblogue.amil.gal Editar o valor en Wikidata
Twitter: AmilGZ Instagram: amilgz Youtube: UC3Klfc7hbTUb4woQW1IOlgw TikTok: amilgz Editar o valor en Wikidata

Jon Amil Mateos, nado en Vigo o 17 de maio de 1988, é un médico e reintegracionista galego. Desde xullo de 2023, ocupa o posto de presidente da AGAL.

Traxectoria

Entrevista a Jon Amil en Nós TV.

De nai vasca e pai galego, viviu a súa infancia en Vigo. Malia criarse nunha contorna maioritariamente castelanfalante fíxose neofalante no segundo curso do bacharelato.[1] Rematado o bacharelato pasou a estudar Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 2013 iniciou a publicación dun blog: As MIR e unha noites, no que narraba as súas desventuras no estudo do exame do MIR (Médico Interno Residente) e co que acadou sona nas redes sociais galegas.[2] Rematada a carreira emigrou ao País Vasco, onde traballou nun centro de recoñecementos médicos.[3][4] De 2016 a 2023 formou parte do Conselho da AGAL e xestionou a conta de Twitter @emgalego,[5] o seu consultorio lingüístico.[6]

O 9 de xullo de 2023 asumiu a presidencia da AGAL en substitución do filólogo Eduardo Maragoto.[7]

Actividade na rede

A súa actividade na Internet galega comezou en 2007, coa creación dunha web de fans do Xabarín Club chamada Xeración Xabarín,[8] que estivo activa ata marzo de 2013, cando tivo que pechar por indicación da CRTVG.[9] En 2010 comezou a colaborar en Memoria Pixelada, a primeira web completamente en galego dedicada aos videoxogos, coa alcuña AmilGZ.[10] En 2013 comezou o seu blog As MIR e unha noites,[11] o que foi o seu proxecto máis grande ata o momento.

En decembro de 2015, xa como membro da AGAL, lanzou o consultorio lingüístico @emgalego,[12], que comezou como unha conta do Twitter pero acabou estendéndose por outras redes sociais, chegando mesmo a facer colaboracións puntuais con outras iniciativas como o Dígocho eu.[13] En 2020 gañou os Premios do Galituiter,[14] un certame autoorganizado pola comunidade galega do Twitter, e que lle outorgou o título non oficial de presidente do Galituiter durante o ano 2021.[15]

Actualmente é un colaborador activo do Recuncho Gamer, o proxecto multiplataforma sobre videoxogos de Iago Gordillo. Destaca o seu papel co-creador do podcast Outeiro Verde, dedicado a Sonic the Hedgehog.[16] Tamén é co-creador doutro podcast dedicado á serie Doutor Who, chamado Gallifrey Ceive,[17] que foi finalista do Premio Pioneiro do concurso Youtubeir@s.[18]

Notas

  1. "Jon Amil: «A melhor maneira de defender o galego é usando-o»". pgl.gal. 2 de decembro de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2023. 
  2. "Quen son?". As MIR e unha noites. Consultado o 2023-07-01. 
  3. "#HistoriasPsicotécnicas: O home que xa vía ben". asmireunhanoites.com. 2016-12-28. Consultado o 2023-10-20. 
  4. "Jon Amil: “A AGAL tem que encontrar o seu papel também fora do campo cultural galego, tem que ser uma referência para a sociedade galega no seu conjunto” - PGL". pgl.gal. 2023-07-12. Consultado o 2023-07-18. 
  5. "@emgalego". twitter.com. Consultado o 18 de xullo de 2023. 
  6. "Conselho da AGAL - Associaçom Galega da Língua" |url= incorrecto (Axuda). Associaçom Galega da Língua. 1976. Consultado o 2023-07-01. 
  7. "Uma nova equipa assume a direção da AGAL". pgl.gal. 2023-07-09. Consultado o 2023-07-09. 
  8. "A potencia da 'Xeración Xabarín'". Praza Pública. 2013/03/15. Consultado o 2023-10-20. 
  9. "Pecha unha web de fans do Xabarín Club por indicación da CRTVG". Praza Pública. 2013/03/06. Consultado o 2023-10-20. 
  10. Acerca de nós Arquivado 15 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. en Memoria Pixelada
  11. "Día 1: Estala o duelo". As MIR e unha noites. Consultado o 2023-10-20. 
  12. "AGAL lança @emgalego, um consultório lingüístico no Twitter". pgl.gal. 2015-12-21. Consultado o 2023-10-20. 
  13. "#ApuntamentoLusófono 43 Acentuación e Jon Amil #DígochoEu". pgl.gal. 2022-05-28. Consultado o 2023-10-20. 
  14. "Moitísimos parabéns a @GalizardQueen que safa o ano que vén de montar o Galituiter 2021, e o noso pésame a @AmilGZ, GAÑADOR DO GALITUITER 2020!!!!!!". twitter.com. 2020-12-31. Consultado o 2023-10-20. 
  15. "Os grandes de Tik Tok e Youtube en galego danse cita nun coloquio en Carballo". galiciaconfidencial.com. 2021-08-09. Consultado o 2023-10-20. 
  16. "Outeiro Verde en Podgalego". podgalego.agora.gal. Consultado o 2023-10-20. 
  17. "Gallifrey Ceive en Podgalego". podgalego.agora.gal. Consultado o 2023-10-20. 
  18. "Palmarés do concurso Youtubeir@s". youtubeiras.gal. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2023. Consultado o 2023-10-20. 

Véxase tamén

Ligazóns externas