Johannes de Limburgia|
Nacemento | década de 1400 (<1400) |
---|
Morte | década de 1430 (>1431) (20/39 anos) |
---|
|
Ocupación | compositor |
---|
|
|
Johannes de Limburgia, coñecido tamén cos apelidos de Lymburgia e Vinandi (fl. 1408-1430) foi un compositor da época do Renacemento, membro da escola francoflamenga.[1]
Traxectoria
O seu nome fai referencia á súa proveniencia do Ducado de Limburgo ou da propia cidade de Limburo, na actual provincia belga de Liexa. Traballou en diversas igrexas de liexa entre 1408 e 1419, e tivo o cargo de succentor na igrexa de San Xoán Evanxelista en 1426. Cara a 1430 marchou a Italia, quizais a Venecia, ou a Vicenza e Padua, onde escribiu motetes.[2]
Do mesmo xeito que Arnold e Hugo de Lantins, distínguese dos seus contemporáneos polo importante número de traballos conservados: arredor de 50 no manuscrito Q15 (Museo Internazionale e Biblioteca della Musica de Boloña) e parte dunha misa (un ordinario), nos códices de Trento.[3][4]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Lewis, Ann. "Four Motets: The Song of Songs by Johannes de Lymburgia". En Curtis, Liane. Early Music. Volume 18 Número 2. Maio de 1990. Páxinas 305 a 306. [ISSN 03061078]
- Reese, Gustave. Music in the Renaissance. Nova York. W.W. Norton & Co. 1954. [ISBN 0-393-09530-4]