Joey Santiago

Modelo:BiografíaJoey Santiago

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Manila, Filipinas Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Massachusetts Amherst (pt) Traducir
Longmeadow High School (en) Traducir
Wilbraham & Monson Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1128842 Twitter: joeysantiago Musicbrainz: a51cfe50-b22b-4d01-8720-b3cacfeb3c58 Discogs: 314217 Allmusic: mn0000208657 Editar o valor en Wikidata

Joseph Alberto Santiago, nado en Manila o 11 de xuño de 1965, é un músico estadounidense de orixe filipina. É coñecido sobre todo por ser o guitarrista principal da banda de rock alternativo Pixies. Despois da separación desta en 1993, Santiago produciu bandas sonoras para cine e televisión e formou o grupo The Martinis coa súa muller, Linda Mallari. Tamén colaborou en álbums de Charles Douglas e do seu compañeiro nos Pixies Frank Black.

Traxectoria

Logo de que en 1972 o presidente filipino Ferdinand Marcos declarase a lei marcial no país, a familia mudouse a Yonkers (Nova York). Joey pasou a meirande parte da súa infancia e adolescencia en Massachusetts, onde se matriculou na University of Massachusetts Amherst. Alí coñeceu a Charles Thompson (que posteriormente usaría os nomes de Black Francis e Frank Black), con quen formou a banda de rock alternativo Pixies en 1986.