Jim Ward, nado en El Paso (Texas) o 19 de setembro de 1976, é o vocalista, guitarrista e líder da banda de rock Sparta e foi cofundador, guitarrista e pianista da banda seminal de post-hardcore At the Drive-In.
A súa primeira grande banda foi Foss, onde tocaba a guitarra e cantaba. Nela foi onde comezou a traballar con Cedric Bixler-Zavala. A banda desfíxose despois de editar un único traballo, El Paso Pussycats.
Despois pasaría a formar parte de At the Drive-In como guitarrista e corista, tocando tamén o piano e os teclados nalgunhas cancións, e sendo a voz principal no tema "Hourglass", no seu álbum In/Casino/Out.
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
EPs | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Sinxelos | |
---|
Artigos relacionados | |
---|