Na bisbarra do Jiloca os sectores económicos máis importantes foron historicamente a agricultura e a gandaría, como na maior parte do mundo rural español. Ademais podemos destacar a actividade mineira vinculada ao cobre e ferro. Non obstante, a partir do século XX, xurdiu na bisbarra unha incipiente industria relacionada coa transformación dos produtos agrícolas e gandeiros. Na actualidade, a industria é un sector importante na bisbarra. Ademais, nas capitais comarcais (Calamocha e Monreal del Campo) encontramos tamén numerosas actividades terciarias ou de servizos.