Por estas terras andaron primeiro iberos, romanos e cartaxineses e máis tarde árabes antes da reconquista. Esta sucesión de pobos e culturas deixou visible pegada nas vilas da comarca.
En Andorra, preto do poboado de El Cabo, constrúese actualmente un centro de interpretación sobre os iberos o cal achegará a cultura deste pobo ao visitante. Non se trata do único asentamento na comarca xa que en Oliete atópase o poboado de El Palomar o cal dispón tamén de Centro de Interpretación.
Economía
A súa economía baséase principalmente na minería e nos empregos xerados pola central térmica de Endesa situada en Andorra. Tamén ten certa relevancia a industria agroalimentaria e de materiais para a construción.