Jesús Rollán

Modelo:BiografíaJesús Rollán
Nome orixinal(es) Jesús Miguel Rollán Prada Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de abril de 1968 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de marzo de 2006 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
La Garriga, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, caída Editar o valor en Wikidata
Altura187 cm Editar o valor en Wikidata
Peso87 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de wáter-polo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1982 Editar o valor en Wikidata - 2004 Editar o valor en Wikidata
Deportewáter-polo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1986–2001 CN Catalunya
2001–2003 Pro Recco Genova
2003–2004 Club Natació Sabadell
Participou en
2004Xogos Olímpicos de 2004
2000Xogos Olímpicos de 2000
1996Xogos Olímpicos de 1996
1992Xogos Olímpicos de 1992
1988Xogos Olímpicos de 1988 Editar o valor en Wikidata
Premios

Olympic.org: jesus-rollan Find a Grave: 15625368 Editar o valor en Wikidata

Jesús Miguel Rollán Prada, nado en Madrid o 4 de abril de 1968 e finado en La Garriga, provincia de Barcelona, o 11 de marzo de 2006, foi un xogador de wáter-polo español.

Biografía

Jesús Rollán foi un xogador de wáter-polo español, que xogaba na demarcación de porteiro. O seu primeiro club foi o equipo madrileño Vallermoso. A Jesús dáballe moita preguiza ir aos adestramentos por non se desprazar, polo que se dedicaba a xogar cos seus amigos ao fútbol ou ao baloncesto. Pero unha lesión de ligamentos fixo que se decantase por este deporte.

Máis tarde trasladouse a Barcelona para dar un xiro importante ao seu palmarés. Licenciouse en Enxeñaría agrónoma.

Tanto a nivel de club, como coa selección española, Jesús Rollán conta cun palmarés cheo de éxitos. Os seus éxitos comezaron nos anos 1990 coa medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Barcelona. Fora un dos abandeirados da selección xunto con Manuel Estiarte.

Amigo da Infanta Cristina, foi el quen, durante os Xogos Olímpicos de Atlanta, presentoulla a Iñaki Urdangarin.

Faleceu o 11 de marzo de 2006, aos 37 anos de idade, nun balneario do municipio de La Garriga (Barcelona). Internado dende outubro de 2005, grazas ao programa Tutoría para Deportistas do Comité Olímpico Español (COE), o deportista intentaba superar os seus problemas de depresión e dependencia.

O declive de Rollán comezou ao retirarse, tralos Xogos Olímpicos de Atenas. Dende entón, e a pesar de colaborar coa Federación de Natación, separárase da súa muller, tiña problemas para ver a súa filla e xa entrara nunha espiral de autodestrución.

Días despois da súa morte, a Federación Española de Natación outórgalle a Placa de Honor, o máis alto recoñecemento dunha federación. Ademais a partir da tempada 2005-2006, créase o Trofeo Jesús Rollán que se lle outorgará ao gardameta menos goleado da tempada, equivalente ao Trofeo Zamora de fútbol.

Selección nacional

Foi internacional coa selección española de wáter-polo en numerosas ocasións durante 1989-2002. Sendo a época que maiores éxitos deu ao wáter-polo español.

Clubs

Títulos

Véxase tamén

Ligazóns externas