Jesús Otero Varela

Modelo:BiografíaJesús Otero Varela
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Merza, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
21 de xuño de 2011 – 27 de setembro de 2011
← María Pilar Ramallo Vázquez

Circunscrición electoral: Pontevedra

Alcalde de Vila de Cruces
1990 – 2019
← Sergio Iglesias PazosLuís Taboada Sánchez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Vila de Cruces Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

Jesús Otero Varela, nado en Merza o 29 de xaneiro de 1959,[1] é un político galego do PPdG, que foi alcalde de Vila de Cruces.

Traxectoria

Comezou a súa carreira política como concelleiro de Alianza Popular en Vila de Cruces en 1983. En maio de 1990, logo do falecemento en accidente do alcalde Sergio Iglesias Pazos, foi elixido alcalde. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e revalidou a alcaldía cunha ampla maioría absoluta. Mantivo a alcaldía nos sucesivos comicios, sempre con maioría absoluta. Formou parte da candidatura do PPdeG ao Congreso dos Deputados por Pontevedra en 2004 e 2008, sen resultar inicialmente elixido, ata que en xuño de 2011 tomou posesión como deputado en substitución de María Ramallo, manténdose ata os comicios xerais de novembro dese mesmo ano.

Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, tras apoiar nacionalistas e socialistas o independente Luís Taboada Sánchez. Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura do PPdeG mais nesta ocasión pasou a se-la segunda forza tralos independentes, polo que continuou na oposición.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas