Jerome Dillon (nado o 16 de xullo de 1960 en Columbus, Ohio) é un músico estadounidense coñecido polo seu traballo como batería na banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails entre os anos 1999 e 2005. Despois da súa saída, o seu proxecto Nearly editou o seu álbum de estrea, reminder, en decembro do 2005, xunto cun maxi-sinxelo do tema "Straight to Nowhere". Ademais, un bootleg autorizado titulado reminder Live 2006 foi lanzado en agosto do 2006. Recentemente estivo traballando como compositor para películas.
Traxectoria
Asistíu ao St. Francis DeSales e ao Northland High School de Columbus, Ohio ata 1987. En 1994 Dillon uniuse ao grupo de pop rock Howlin' Maggie. En xullo de 1998 deixou a banda e mudouse aos Ánxeles. Ese mesmo ano, mentres visitaba á súa familia en Columbus, a preparadora de Howlin' Maggie, Sheila Scott, informouno dunha audición para Nine Inch Nails. Trent Reznor separouse do batería Chris Vrenna e buscaba a alguén para ocupar o seu lugar. Dillon enviou mostras do seu traballo e contactaron con el pouco despois para darlle a oportunidade de facer unha audición para Reznor.
Dillon actuou como batería da banda nas xiras de promoción de The Fragile e With Teeth. Ademais diso, traballou con Reznor no estudio como multi-instrumentista en varios álbums: Things Falling Apart, And All That Could Have Been, Still e With Teeth.
Durante a pausa entre a xira Fragility e o álbum With Teeth, Jerome comezou a traballar no seu primeiro álbum en solitario[1]. O proxecto bautizouno como nearLY, pero a comezos do ano 2005 quedou en suspenso ao volver á actividade con NIN.
Jerome tocou con Nine Inch Nails ata outubro do ano 2005. Durante o concerto da banda do 16 de setembro en San Diego queixouse dun latexo irregular do seu corazón aos 45 minutos de actuación, e o directo tivo que acurtarse para que Dillon recibise asistencia médica. Despois de pasar a noite no hospital volvería a actuar coa banda o día 19 en Phoenix (Arizona). O 28 de outubro anunciou nunha actualización da súa páxina web que non regresaría co grupo debido a diferenzas con respecto á organización.
Notas
|
---|
|
Álbums de estudio e EPs | |
---|
Álbums de remesturas | |
---|
Videos en directo | |
---|
Sinxelos | |
---|