Jerónimo Figueroa Cabrera, coñecido como Momo, nado nas Palmas de Gran Canaria o 15 de xullo de 1982, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria
Comezou a xogar ao fútbol como profesional na UD Las Palmas B onde permaneceu unha tempada. Con 21 anos subiu ao primeiro equipo onde logra facerse un oco nos onces iniciais desa tempada sendo o xogador revelación de UD Las Palmas esa tempada.
No seu seguinte ano, é traspasado ao Deportivo da Coruña e tachado pola afección amarela como un mercenario. Pero Momo non ten oportunidades no Dépor e ten que irse cedido ao Albacete Balompié, club que acaba descendendo a Segunda División.
Na tempada 2005–06 quédase na Coruña, pero practicamente non xoga case ningún partido e búscaselle outra cesión á tempada seguinte (2006–07). Esta vez foi a recalar nas filas do Racing de Santander, pero de novo tampouco logra facerse un oco no once.
Na tempada 2007–08 non conta con sitio no persoal do Deportivo, así que é obrigado a irse outra vez cedido. Nesta ocasión ten que volver a Segunda División varias campañas despois, esta vez para xogar no Xerez CD. Pero grazas a esa campaña e a chegada de Esteban Vigo a metade de tempada, Momo volve conseguir un gran nivel, sendo un dos responsables da salvación do equipo.
O Xerez decide compralo ao Deportivo, o cal non ten problema en deixalo marchar. Na tempada 2008–09, Momo faise coa banda esquerda do equipo e consegue estoupar futbolisticamente logrando ser o pichichi do equipo con 17 goles. Ademais, esa tempada foi nomeado como un dos tres mellores centrocampistas de ataque da Liga Adelante, xunto con Alfaro e Arana.[1]
En xuño de 2010, logo do descenso do Xerez a Segunda División, Momo fichou polo Real Betis para a tempada 2010–11. Nesa campaña, na que participou en 18 encontros, o equipo ascendeu como líder a Primeira División. Na campaña 2011–12 xogou tan só 2 partidos.
Na tempada 2012–13 firmou polo UD Las Palmas, participando en 13 encontros e anotando 2 goles no seu retorno ao equipo insular.
Estatísticas
- Actualizado a 23 de decembro de 2012
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas