Jeff Hardy
Jeffrey Nero Hardy , máis coñecido como Jeff Hardy , nado en Cameron (Carolina do Norte ) o 31 de agosto de 1977 , é un loitador profesional estadounidense da marca SmackDown! da World Wrestling Entertainment .
Carreira
Dende moi pequeno, xunto co seu irmán Matt Hardy , interesouse pola loita libre de estilo extremo e creou nos 90 un grupo de loita de afeccionados no seu Estado de Carolina do Norte .
Foi seis veces campión mundial por parellas e unha vez campión por parellas da WCW co seu irmán Matt como The Hardy Boyz .
Igual que o seu irmán Matt, Jeff conseguiu unha gran cantidade de campionatos individuais: foi campión intercontinental , campión hardcore ; campión europeo e campión dos pesos lixeiros
Jeff conseguiu tamén o seu cuarto título de campionato intercontinental , tras derrotar a Umaga nunha edición de RAW o 2 de setembro do 2007 . Porén perdeuno o día 10 de marzo fronte a Chris Jericho .
Conseguiu proclamarse campión da WWE, despois de derrotar a Edge e mais a Triple H en Armaggedon .