Javier Pérez Gómara, nado en Santander no 1995, coñecido polo seu nome artístico Javier Waterproof é un músico e produtor musical galego que reside en Barcelona.
Traxectoria
Aínda que naceu en Santander pasou a súa vida en Pontevedra. Durante o instituto formou parte do grupo Aerials[1] (guitarra) cos que entrou en contacto co Local de Música de Pontevedra. Formouse como técnico de son na Coruña e marchou a continuar a súa formación en Barcelona.[2]
Presentou na XIX edición do Festival de Cans[3] "The scarf she wore in red"[4] como canción da curtametraxe "A moza da bufanda vermella contra a xente de dentes brancos" do coruñés Martín Caínzos. No 2022 presentou o sinxelo "Orfeo y Eurídice"[2] e en 2023 "Otra ronda", inspirado no filme Druk do director danés Thomas Vinterberg, cun videoclip gravado nos cines Dúplex de Ferrol.[5]
Obra
Filmografía
- Falso directo 2020[6][7]
- A quinta de Basilio 2022[8]
- A moza da bufanda vermella contra a xente de dentes brancos 2022
Discografía
- Las puertas de Orán 2020
- Académicamente previsto 2020
- Ideas mágicas 2020
- Perdón por divertirme 2020
- The scarf she wore in red 2021
- Orfeo y Eurídice 2022
- Otra ronda 2023
Notas