Francisco Javier Vieira Durán, nado en Pontevedra e finado na mesma cidade o 23 de decembro de 1957,[1] foi un procurador, escritor e político galego.
Traxectoria
Procurador dos tribunais, foi notario público da Audiencia eclesiástica de Tui e notario eclesiástico do Arcebispado de Santiago de Compostela. Oficial da Xefatura de Obras Públicas de Pontevedra (1896),[2] foi redactor de La Correspondencia Gallega. Foi socio fundador da Adoración Nocturna de Pontevedra (1900) e membro do Círculo Católico Obrero e da Juventud Antoniana. Concelleiro de Pontevedra, foi nomeado alcalde da cidade en 1918. Colaborou en Spes.
Notas
- ↑ Necrolóxica en Spes, 273, decembro de 1957, p. 24.
- ↑ El Lucense, 10-3-1896, p. 2.