Luis Boullosa Mariño, finado en Salcedo (Pontevedra) o 11 de xullo de 1938,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Concelleiro de Pontevedra e primeiro tenente de alcalde, foi nomeado alcalde da cidade en 1915. Permaneceu no cargo até finais de decembro de 1917. Posteriormente foi secretario do concello de Pontevedra.
Vida persoal
Casou en Vigo con Pilar Fernández Bufil en 1893.
Notas
- ↑ El Diario de Pontevedra, 12-7-1938, p. 3.