Francisco Javier Sánchez Cervela, nado en Oleiros (Silleda) o 28 de abril de 1860 e finado en Pontevedra o 5 de decembro de 1934,[1] foi un mestre e matemático galego.
Traxectoria
Naceu no pazo de Marza. Foi profesor de matemáticas no instituto de Pontevedra durante 32 anos, e catedrático durante once anos do de Ourense. Colaborou entre 1888 e 1900 no Diario de Pontevedra.[2]
Vida persoal
Casou con Hortensia Cantón Alvarado e foi pai de Francisco Javier e Luis Sánchez Cantón.
Notas